Experiencias únicas de coliving
no rural galego
A fórmula axeitada para
poder recuperalo
Experiencias inspiradoras e teletraballo
no rural galego
As experiencias Galicia Remota desénrolanse en toda Galicia e buscan atraer emprendedores, teletraballadores e nómadas dixitais de todo o mundo ó noso rural. Para que? Para que, integrándose, vivan unha das súas mellores experiencias de vida, se namoren da nosa terra e desexen axudarnos a construír un futuro mellor para o noso rural.
Buscas conectar con lugares onde a vida é vida?
Axúdate e axúdanos vivindo unha das mellores experiencias da túa vida.
O rural galego
merece un cambio
O rural galego merece e precisa un cambio. O seu despoboamento e a súa dependencia crónica do turismo nos meses estivais lévao a un futuro pouco esperanzador. Galicia Remota é un proxecto que nace no rural e que loita directamente contra ambas problemáticas, atraendo talento emprendedor, axitando os axentes de cambio locais e ensinando ás vindeiras xeracións sobre autoemprego e emprendemento.
Integración real
dos participantes no territorio
As experiencias Galicia Remota son diferentes dependendo de onde se realicen, pero de xeito común en todas elas lévanse a cabo diferentes iniciativas cos participantes: obradoiros con artesáns locais, roteiros, retos con emprendedores locais ou cos estudantes, xornadas culturais e gastronómicas, actividades deportivas ao aire libre, iniciativas medioambientais e moito máis.
Experiencias vitais con residentes locais que buscan unha integración real dos participantes.
Un novo modelo de turismo e innovación rural
onde todos gañamos
Os que formamos parte de Galicia Remota temos un obxectivo ben claro: queremos dicirlle ao mundo que o rural galego é un lugar de vida para teletraballadores ou emprendedores que actualmente residen nas cidades. Pero ademais, as nosas experiencias convírtense nun novo modelo de ingresos económicos para o negocio local. As experiencias Galicia Remota celébranse en casas rurais tradicionais que funcionan como coliving, nos meses de marzo a xuño e de setembro a novembro, dinamizando así o tecido económico local fóra do verán.
Desestacionalizamos o turismo,
dinamizamos o negocio local e atraemos poboación
Galicia Remota
Carnota
Esta nova experiencia é xermen da nosa colaboración en 2024 con Pueblos Remotos, e terá lugar no mes de maio de 2026 no maxestuoso enclave de Carnota, a metade de camiño entre as Rías Baixas e a Costa da Morte coruñesa.
NOVA
EXPERIENCIA